Atrapa o teu futuro

TUTORIA CICLO FORMATIVO

PROCESO

Actividade 1: ¿QUE NON QUERO SER DE MAIOR?
Nalgún momento da vida todos nos atopamos coa famosa pregunta: “Que queres ser de maior?”
Nese intre, excluíndo aos máis vocacionais, prantéxansenos unha morea de dúbidas...Tomar unha decisión tan complexa e decisiva para a nosa vida require reflexionar sobre diversas cuestións. Como ocorre moitas veces coas persoas que teñen unha clara vocación profesional, as nosas preferencias xogan un papel moi importante.
Na elección dunha profesión, e por tanto da formación que precisamos para o seu desempeño, é preciso incorporar os nosos gustos. Pero...¿se non o temos claro?. Ante o amplo abano de posibilidades laborais, unha boa forma de comezar, para tentar por en orde as nosas ideas, sería imaxinarnos no futuro ocupando un posto de traballo concreto e pensar si nos gustaría. Difícil tarefa ante as infinitas profesións que se nos poidan ocorrer.
Por iso, propoñémosche que invertas a pregunta e penses naqueles traballos que non che gustaría realizar para así poder ir acotando o campo de acción. Da lista que che propoñemos, descarta tódalas profesións que non encaixen cos teus gustos, si tes dúbidas nalgunha profesión non a descartes.
Unha vez realizados os descartes, a túa lista final debe conter aquelas profesións que a priori serían do teu gusto (recorda, aínda que existan dúbidas).
http://www.eligeprofesion.org/pro_005.asp?ipag=5&ini=a

...................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
Actividade 2: ¿CANTO QUERO GAÑAR?

Esta é unha pregunta cuxa resposta a todos nos gustaría que coincidise co noso sono. Desta forma obteriamos o diñeiro suficiente para vivir como sempre desexamos.

Non obstante a cousa non é tan sinxela, existen certas variables que poden botar por terra os nosos sonos.

A través desta tarefa queremos axudarte a descubrir cales son estas variables condicionantes. Seleccionamos as tres que consideramos máis significativas e que son: a zona xeográfica, o sector industrial e a categoría profesional do posto de traballo que pretendas desempeñar.

Poderás comprobar a medida que realizas esta tarefa como ao ir modificando cada unha destas variables se modifica de igual forma o salario que pretendías cobrar.
1º.- Deberás entrar na seguinte páxina Web: http://www.tusalario.es/main

2º.- Dentro desta páxina seleccionando- SALARIO- desprégase unha táboa que che permite facer todas as combinacións que queres respecto a sectores de actividade e categorías profesionais.

3.- Pulsando OK poderás visualizar a gráfica da media salarial segundo anos de antigüidade para a combinación elixida.4.- Por último para comparar a diferenza salarial por zona xeográfica, por exemplo en EUROPA, pulsa SALARIO- ENQUISA CUSTO DA VIDA - MAPA MUNDIAL DE SALARIOS, e poderás comparar as diferenzas entre países respecto a salarios mínimos, máximos e medios.

.................................................................................................................................................................................................................................... Actividade 3: ¿QUE ME GUSTA?Tendo en conta os anteriores apartados, o que tes que ter claro é o que che gusta e o que non para poder elexir o teu futuro, dentro das posibilidades que tes en función do que queres ser e do que non na túa vida.
Pode resultar sinxelo identificar aquelo que no nos gusta mais tamén hai que ter en conta os teus puntos débiles e os teus puntos fortes, porque ás veces non se pode elixir tan só o que nos gusta dado que o mercado demanda cousas que no nos agradan tanto e debemos telas en conta para a inserción laboral; ás veces temos que facer cousas ou tarefas que non nos acaban de gustar por descoñecemento dos beneficios que nos reportan e, que en consecuencia, acaban por gustarnos.
Por iso propoñémosche que afondes no teu autocoñecemento, entendas mellor como es e facerche reflexionar sobre o que queres facer co obxectivo de axudarte na elección dos estudos ou ocupacións que che poden proporcionar una maior satisfacción.

Para iso non tes máis que contestar o seguinte cuestionario de maneira sincera .

Unha vez cumprimentado o cuestionario imprime una copia cos resultados e tena á man porque che fará falla ao final do traballo.
http://www.eligeprofesion.org/pro_006.asp?ipag=6

.................................................................................................................................................................................................................................... Actividade 4: ¿ONDE ESTOU? E A ONDE QUERO CHEGAR?

Neste punto preténdese que observes a imaxe que che amosamos e te situes nela para que vexas de qué maneira podes moverte no sistema educativo e así como te podes organizar para ir a onde queres chegar.

.................................................................................................................................................................................................................................... Actividade 5: ¿QUE OPCIÓNS TEÑO PARA CUMPLIR AS MIÑAS EXPECTATIVAS?

Esta tarefa divídese, á súa vez, en varias subtarefas en función das túas expectativas. Trátase de consultar as distintas opcións que tes ao rematar o PCPI, en función dos teus intereses, e que vaias solicitando información a través das visitas aos enlaces que che propoñemos:

5.1. Se tes o título de secundaria ou tes superados todos os módulos obrigatorios (os módulos profesionais e os módulos formativos de carácter xeral dos que se compón o PCPI)

5.1.1. Ciclos formativos de grao medio
http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral-admision

http://todofp.es/todofp/que-como-y-donde-estudiar/que-estudiar/ciclos/grado-medio.html

5.1.2. Bacharelato
http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/sistema-educativo/ensenanzas/bachillerato.html

5.1.3 Ciclos formativos de grao superior
http://todofp.es/todofp/que-como-y-donde-estudiar/que-estudiar/ciclos/grado-superior.html

http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Folletos/2013/transporte_e_mantemento_de_vehiculos_opt.pdf

5.2. Saídas laborais con título de FP relacionado con automoción:

http://www.educastur.princast.es/fp/hola/pil_col/perfiles/index.php

http://www.juntadeandalucia.es/servicioandaluzdeempleo/web/websae/portal/es/empleo/buscarTrabajo/eligeProfesion/Automocion/

5.3. Se non tes o título de secundaria: Saídas laborais sen o título de graduado en ESO:

5.3.1 Oposicións e traballo por conta allea:
Oposicións: http://www.oposiciones.de/oposiciones.htm

Traballo por conta allea: http://www.opcionempleo.com/empleo-jovenes-sin-graduado.html

5.3.2. Programas de formación e empregohttp://vimeo.com/53494808

http://traballo.xunta.es/listaxe-de-especialidades-formativas?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_X5By&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_X5By_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FEspecialidadesFormativas%2Flistado_especialidades_central.html

5.3.3. Cales son as probas de acceso aos estudos posteriores?
Se estás interesado/a en continuar estudos superiores indagarás sobre os sistemas de acceso existentes. Nesta tarefa ímonos centrar na SELECTIVIDADE, ollea o documento que se achega e consulta o seguinte enlace.
http://dl.dropboxusercontent.com/u/49703194/Bachillerato/Esquema%20resumen%20selectividad.pdf

http://ciug.cesga.es/index.html

No caso de optar por presentarte á selectividade e aprobala, poderás acceder a unha serie de graos relacionados co sector do automóbil, mais debes ter en conta a nota de corte. A continuación atoparás unha serie de enlaces que aportan información relativa aos graos e un enlace a partir do cal podes averiguar as notas de corte nos mesmos das convocatorias pasadas.Información relativa a graos:
Grado en enxeñería do automóbil: http://www.nebrija.com/carreras-universitarias/ingenieria-automovil/grado-ingenieria-automovil.php

Grado en enxeñería mecánica: http://www.educaweb.com/curso/grado-ingenieria-mecanica-159371/

Grado en enxeñería eléctrica http://www.educaweb.com/curso/grado-ingenieria-electrica-162257/

Grado en enxeñería de Sistemas TIC (EPSEM - UPC): http://www.educaweb.com/curso/grado-ingenieria-sistemas-tic-epsem-upc-barcelona-presencial-152718/

Notas de corte: http://www.elpais.com/especial/universidades/titulacion/notas/ingenieria-mecanica/261/#mod-buscador

....................................................................................................................................................................................................................................

Actividade 6: ELABORO O MEU ITINERARIO FORMATIVO

6.1. Decido o meu itinerario
http://www.todofp.es/decide/ServletDecideIt

6.2. Elaboro o meu itinerario formativo
A partir da imaxe do sistema educativo que vimos na tarefa 4, vas elaborar un propio onde recollas cada un dos pasos que debes dar ata chegar á ocupación que elixiches. Podes guiarte co enlace do apartado 6.1. Despois recolle a información que fuches obtendo ao longo de todo o proceso no formato que te resulte mellor (word, ppt, pdf...), para rematar exporase na clase ao resto dos compañeiros/as.

 

 

 

 

 

 

 

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)