INTRODUCCIÓN
Ao remate do presente curso enfrontaraste a unha decisión importante na túa vida: a elección dunha alternativa formativa ou laboral. Deberás decidir si continuar cos teus estudos ou incorporarte ao mercado laboral.
Aínda que a túa elección sexa incorporarte ao mercado laboral, con esta actividade propoñémosche que penses nas túas habilidades, nos teus gustos e nas posibilidades que ofrece o mercado e trates de unilas para intentar deseñar o itinerario formativo para chegar a ocupar o posto de traballo dos teus soños, aquel co que te sentirías máis satisfeito a nivel laboral e por suposto, persoal.
Coñeces a meta, debuxa o camiño.
