TAREFA
A tarefa consistirá en deseñar un videoxogo relativamente sinxelo con Scratch, no que a persoaxe protagonista será a mascota da Leoteca do noso centro, o CPI de Zas, que será elexida proximamente entre as deseñadas durante este curso polo alumnado de educación plástica de 3º da ESO e posteriormente reinterpretada en Inkscape polo alumnado de 4º de Informática. Todos aqueles xogos que cumpran uns mínimos de calidade serán incorporados como applets á Web do centro para que poidan ser disfrutados por quen o desexe.
A temática de xogo será preferiblemente educativa, evitando en calqueira caso contidos violentos ou inapropiados.
O tipo de xogo que se pide é aberto: pode tratarse dun arcade, aventura, puzle, preguntas e respostas... e tamén pode estar baseado nalgún xogo clásico, inda que valorarase a orixinalidade do mesmo.
Para o deseño dos persoaxes e os escenarios podedes aproveitar os vosos coñecementos en Gimp e Inkscape, adquiridos durante a segunda avaliación nesta materia de informática, xa que Scratch permite importalos de xeito moi sinxelo.
Outra ferramenta coa que deberedes traballar é Dropbox. Crearedes unha carpeta común para cada grupo, e compartida co profesor, na que gardaredes os ficheiros necesarios para realizar o traballo.
E por último, necesitaredes sobre todo unha grande dose imaxinación. Disfrutade do traballo!
