INTRODUCIÓN
Seguro que teraste entretido en moitas ocasións con videoxogos no ordenador, na tablet ou incluso no smartphone. Hainos de tódolos tipos, dende aventuras con gráficos tridimensionais sumamente realistas ata arcades sinxelos e non obstante divertidísimos, pasando por xogos nos que terás que pensar para ir pasando os niveis e outros nos que aprenderás historia, linguas ou mesmo a escribir a máquina.
Xogar con eles é unha divertida maneira de disfrutar do teu tempo de ocio, pero... sabías que programalos tamén é divertido?
Scratch é unha ferramenta desenvolvida polo MIT (Instituto tecnológico de Masachusets) que te permitirá crear videoxogos e animacións mediante unha intuitiva interfaz gráfica, coa que, ademáis, aprenderás a metodoloxía das linguaxes de programación.
Se algunha vez desexaches deseñar un videoxogo, esta é a tua ocasión!
