CREA O TEU PROPIO VIDEOXOGO CON SCRATCH

INFORMATICA SECUNDARIA

PROCESO

O traballo que debedes realizar desenvolverase nas seguintes fases:

  1. Deseño do videoxogo: antes de nada, hai que idear o xogo que se vai crear. Para elo, os membros do grupo aportarán diferentes ideas e discutiran sobre a viavilidade da execución das mesmas, tanto a nivel técnico como temporal.
  2. Exposición pública do proxecto: Cada grupo exporá ó resto dos compañeiros o xogo que pretende crear. A finalidade desta fase é que todos poidan aportar ideas para mellorar o traballo ademáis de evitar duplicidades na medida do posible.
  3. Desenvolvemento do proxecto: nesta fase distribuirase o traballo da seguinte maneira:
    • Un alumno fará as veces de programador e será quen teña aberta a sesión de Scratch.
    • O outro alumno encargarase do deseño dos persoaxes e dos fondos, que poderán ser tanto orixinais coma obtidos de internet. Unha vez rematada esta tarefa, encargarase de recompilar os sons e músicas necesarias para o xogo.
  4. Corrección de erros: probarase o xogo a fondo a fin de detectar posibles bugs e subsanalos.
  5. Retoques finais: engadirase unha cabeceira así como a descripción do xogo e as instruccións necesarias para a sua utilización.
  6. Compartir o proxecto: unha vez o xogo estea listo e rematado, procederase a compartilo, para que todos poidan comprobar o traballo realizado polos compañeiros.
  7. Debate sobre os proxectos realizados e conclusións finais.

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)