TAREA
Faredes equipos de dous/tres compoñentes e crearedes un documento onde deberedes relatar como eran os castelos medievais. Para iso fixádevos nas preguntas que vos aparecen a continuación, porque vos servirán de referncia para guiarvos na explicación. Tamén debedes de engadir algunha fotografía. Polo de agora só vos debedes de preocupar de buscar a información que se vos pide e ila escribindo, xa teredes tempo de organizar todo máis adiante.
- Cales eran as partes da fortaleza que daban acceso ao castelo?
- Onde celebraba o señor as súas reunións e banquetes?
- Que é unha barbacana?
- A partir de que século foi substituída moita madeira dos castelos por pedra?
- Como se chamaba a parte do castelo onde se fabricaban as armas e escudos?
- Que é a liza dun castelo?
- Explica o que eran as máquinas de asedio como o "trabuquete" ou o "almajaneque".
- Pon exemplos con fotografías de castelos en España.