O REXURDIMENTO

LINGUA E LITERATURA GALEGA SECUNDARIA

PROCESO

O primeiro é escoller os grupos (de tres alumnos/-as) e despois repartir os temas entre es equipos formados. 

- A literatura no século XIX. Grupo 1

- O Rexurdimento. Grupo 2

- Curros Enríquez. Grupo 3 e 5

- Eduardo Pondal. Grupo 4 

 

Una vez que se fixeron os grupos estes serán os pasos a seguir:

I. A investigación. Búscase e escóllese a información a partir de enlaces proporcionados e o libro de clase. Importante, o esquema do tema nos cadernos de cada un dos compoñentes, ten que ser feito de forma individual e que figurar nas libretas de clase.

II. A elaboración de diapositivas. O número de diapositivas debe andar entre 10 e 15. Cómpre ter en contra que unha diapositiva debe ser a de presentación, outra debe conter o índice, a penúltima o esquema do tema e na derradeira débense relacionar os materiais empregados.

III. A exposición oral. A partir da presentación realizada (ter en conta a duración de cada diapositiva para adaptar o texto) farase a exposición oral, que priorizará a non lectura sobre outra forma de transmisión.