PREGUNTAS
QUE É A LÓXICA? POIS É MOI LÓXICO
1.- Que é a ética?
A ética é unha reflexión sistemática dos temas dos que trata a moral, o xeito en que cada persoa interpreta, individualmente, as normas morais. É dicir, é o xeito en que se cumpre unha norma que está establecida polo mundo exterior, de tal modo que unha persoa é ética se cumpre coas normas morais impostas pola sociedade. Utilízase erroneamente como sinónimo de moral na lingua común.
2.- Que é a moral?
A moral é un conxunto de normas establecidas dende os principios da civilización e transmitidas de xeración en xeración. Son normas que diferencian o “ben” do “mal”. Producto deste sistema transmisivo derívanse os múltiples problemas culturais e os contrastes entre os diferentes pobos.
3.- Como se diferencian?
A diferenza radica en que a persoa que vive en calquera comunidade conta cunha serie de normas morais que segundo a mesma comunidade deben ser respectadas. Pero a ética soporta o pensamento individual de cada persoa, é dicir, que a pesar de que as persoas coñecen as normas morais poden, por algunha razón decidir non respectalas.
4.- Dende un punto de vista filolóxico, cal é a orixe desta confusión?
As orixes de ambas as dúas verbas, mores (orixe latina de moral) e ēthos (orixe grega de ética), tradúcense como "costume". De aí a confusión na súa utilización.
5.- Que é a filosofía?
A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría) é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos. A filosofía busca cuestionar a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática.