17 de maio 2015

LENGUA Y LITERATURA PRIMARIA

Guía Didáctica

1) Obxectivos da área ou áreas implicadas.

LINGUA E LITERATURA GALEGAS

  • B2.1. Comprender, buscar, localizar e seleccionar información explícita en textos escritos de soportes variados (webs infantís, libros, carteis) e iniciar a realización de inferencias para determinar intencións e dobres sentidos bastante evidentes.

  • B2.5. Utilizar as tecnoloxías da información para tratar a información nun texto sinxelo.

  • B2.6. Realizar diferentes tipos de lectura.

  • B3.2. Crear textos sinxelos de diferente tipoloxía que permitan narrar, describir, resumir, explicar e expoñer opinións, emocións e informacións relacionadas con situacións cotiás e aqueles que sexan característicos dos medios de comunicación.

  • B3.5. Usar as TIC, con certa autonomía, para a busca de información, tratamento dos textos e realización de presentacións.

2) Contidos.

LINGUA E LITERATURA GALEGAS:

  •  B2.2. Comprensión de textos sinxelos procedentes dos medios de comunicación social (incluídas webs infantís e xuvenís) con especial incidencia na noticia e na entrevista para obter información xeral, localizando informacións destacadas.
  • B2.7. Uso dirixido das tecnoloxías da información e da comunicación para a localización, selección, interpretación e organización da información.

  • B2.8. Realización de diferentes tipos de lectura: de investigación, de aprendizaxe, de gozo persoal, de resolución de problemas.

  • B3.3. Composición de textos de información e de opinión sinxelos, característicos dos medios de comunicación social, sobre feitos e acontecementos significativos, con especial incidencia na noticia, na entrevista e no comentario breve sobre libros ou música, en situacións reais ou simuladas.

  • B3.6. Uso das TIC, con certa autonomía, na busca de información, o tratamento dos textos e a realización de presentacións.

3) Distribución temporal prevista.

A tarefa desenvolverase en dúas semanas comenzando o 22 de abril de 2015  e finalizando o 11 de maio nas sesións de Lingua e Literatura Galegas (4 á semana) e as sesións destinadas á biblioteca e TIC (2 á semana) totalizando 12 sesións de traballo.

Adicarase unha sesión a autoavaliación (11 de maio)

  • Lectura e resposta ás preguntas: 2 sesións
  • Guión, borrador revisión do díptico: 4 sesións
  • Elaboración do díptico: 3 sesións
  • Planificación, revisión e proposta de actividades: 3 sesións
  • Autoavaliación: 1 sesión

4) Os coñecementos previos que deberían posuír os alumnos.

  • Estructuras de traballo cooperativo Programa AC/CA
  • Plans de equipo: autoavaliación, diario de sesións
  • Utilización de google docs e Drive

5) Material previsto (ordenadores, programas, lapis, et.).

  • Folios, caderno, bolígrafos
  • Aula TIC (ordenadores individuais ou parellas)
  • Carro ordenadores e tablet ( 1 por equipo)
  • Drive

6) Organización do espazo (tanto para o traballo con ordenadores, como para os debates, creación de cartaces, gravacións, ensaios, et.).

A aula disporase en equipos cooperativos de 4 membros.

7) A mellor organización dos grupos de traballo.

A tarefa desenvolverase en equipos cooperativos en base ás seguintes estruturas:

  1. Busca e tratamento da información para responder ás preguntas: Lectura compartida
  2. Guión, borrador, revisión do díptico: Folio xiratorio
  3. Elaboración do díptico: 1-2-4
  4. Proposta e programación de actividades: Lápis ao centro
  5. Autoavaliación: Plan de equipo

8) Recursos complementarios para o profesor (ferramentas, utilidades, documentos, libros, etc.).

Estándares de avaliación e rúbricas:

 LGB2.1.1. Comprende a información relevante de textos procedentes dos medios de comunicación social ou propios de situacións cotiás.

  • 4:

    Analiza informacións relacionadas coa área en diferentes fontes e soportes, (físicos e utilizando as TIC)

    Extrae conclusións e as comunica de forma orixinal e clara
  • 3:

    Selecciona e analiza con criterio informacións en diferentes fontes e soportes, (físicos e utilizando as TIC)

    Extrae conclusións
  • 2:

    Selecciona e organiza informacións relacionadas coa área en diferentes fontes, tanto en soportes físicos como utilizando as TIC.

    Elabora esquemas e resumos
  • 1:

    Busca información de xeito rudimentario.

    Suliña as palabras máis importantes.

LGB3.1.1.Planifica a elaboración do texto, antes de comezar a escribir, xerando ideas, seleccionando    e estruturando a información, mediante notas, esquemas ou guións

LGB3.1.2.Elabora o texto cunha estrutura definida, con coherencia e cohesionando, de maneira xeral, os enunciadosLGB3.1.4Aplica, de maneira  xeral, a norma lingüística: ortografía, acentuación, léxico, morfosintaxe

  • 4:Planifica o texto a elaborar, introducindo modificacións en cada revisión, en base aos conceptos e contidos traballados. Procura a revisión continua dos borradores antes de realizar o texto final.

    Aporta ideas novas e estrutura as informacións facilitando a comprensión da mesma.  

    Utiliza os signos de puntuación, regras de ortografía e sintaxe, cohesión e riqueza de vocabulario para facilitar a comprensión do texto e enfatizar a información
  • 3:

    Planifica o texto a elaborar, a partir do esquema do texto, Introducindo modificacións en cada revisión, estruturando as

    informacións e xerando ideas novas.

    Utiliza os signos de puntuación apropiadamente para dar maior énfase a información e facilitar a súa comprensión.

    Aplica as regras de ortografía e sintaxe e realiza as correccións precisas unha vez revisado o texto.
  • 2:Planifica o texto a elaborar de forma sinxela e seguindo o esquema da noticia. Utiliza os borradores de forma elemental

    Estrutura as informacións seguindo e cohesiona as ideas segundo  o modelo dado

    Utiliza os signos de puntuación máis elementais. Aplica as regras de ortografía e sintaxe  unha vez revisado o texto
  • 1:Planifica o texto de forma rudimentaria e con axuda.

    Presenta dificultades para engadir contido aos puntos recollidos no esquema de planificación.

    Non introduce modificacións  

    Realiza erros gramaticais que non sempre corrixe unha vez revisado o texto

LGB3.2.3. Crea diferentes tipos de textos (narrativos, expositivos, descritivos ou argumentativos) seguindo un guión establecido e adaptando a linguaxe ás características de cada xénero.

LGB3.2.4. Escribe textos coherentes e empregando algúns elementos básicos de cohesión, usando o rexistro adecuado

  • 4:

    Elabora o texto  seguindo o modelo, utilizando unha linguaxe axeitada e rica  para a transmitir  información,  e tendo en conta aos interlocutores da mesma.

    Escribe textos coherentes e empregando elementos de cohesión, utilizando o rexistro adecuado cun vocabulario axeitado e rico de forma creativa e tomando como referencia ao interlocutor
  • 3:

    Elabora o texto  seguindo o modelo, utilizando unha linguaxe axeitada para a transmitir  información,  e tendo en conta aos interlocutores da mesma

    Escribe textos coherentes e empregando elementos de cohesión, utilizando o rexistro adecuado cun vocabulario axeitado e rico
  • 2:

    Elabora diferentes tipos de textos seguindo o modelo.

    Utiliza unha linguaxe apropiada coa axuda do modelo, dos iguais ou da mestra.

    Escribe textos coherentes e empregando elementos básicos de cohesión, utilizando o rexistro adecuado cun vocabulario básico e sinxelo
  • 1:

    Elabora o texto  seguindo o modelo, utilizando unha linguaxe axeitada e rica  para a transmitir  información,  e tendo en conta aos interlocutores da mesma.

    Escribe textos simples empregando conectores básicos,

    Amosa dificultades para modificar o rexistro sen axuda.

LGB3.5.1. Busca    e selecciona información en diferentes fontes e soportes dixitais.

LGB3.5.2. Emprega procesadores de textos con certa autonomía.

LGB3.5.4. Utiliza as TIC, con certa autonomía, para realizar presentacións elementais

  • 4:

    busca de información en distintas fontes . Selecciona os lugares de busca,, localiza e organiza a información que obtén  e a reelabora seguindo estratexias  de aprendizaxe de forma autónoma

    Emprega os procesadores de textos con autonomía e tomando decisións propias para reforzar as ideas recollidas nos textos.

    Realiza presentacións  utilizando as TIC empezando a diferenciar entre información e plasticidade segundo  o interlocutor.

  • 3:

    Amosa     interese polo uso de enciclopedias e outras fontes, así como páxinas web para buscar información e organiza a busca

    Emprega os procesadores de textos con autonomía

     Realiza presentacións elementais utilizando as TIC

  • 2:

    Utiliza distintas fontes científicas para buscar información

    Emprega os procesadores de textos con certa autonomía seguindo as pautas e modelos (fontes, espazos, interliñados, marxes, etc)

    Realiza presentacións elementais

  • 1:

    Utiliza distintos medios para buscar información.

    Emprega os procesadores de textos de forma rudimentariaColabora na elaboración de presentacións utilizando as TIC

9) Necesidade ou non de contar co apoio doutros profesores.

10) A implicación de diferentes áreas.

Competencia en Comunicación Lingüística

Competencia dixital

Competencia en Aprender a Aprender

Competencia en Sentido da Iniciativa e Espíritu Emprendedor

Competencia Social e Cívica

Competencia en Conciencia e Expresión Culturais


Para calquera comentario ou suxestión poden enviar un e­mail ao enderezo que aparece no pé de páxina.

Atallos de teclado

Están habilitados atallos de teclado que axilizan a navegación da páxina web. Para poder utilizalos, aplicamos a combinación de teclas:

  • Firefox (versión 2.0 y superiores): Alt + maiúsculas + tecla de atallo
  • Netscape, Mozilla Firebird, Firefox (versións anteriores á 2.0), Internet Explorer (versións anteriores á 4.0): Alt + tecla de atallo
  • Internet Explorer (versións e superiores á 4.0): Alt + tecla de atallo + Intro
  • Opera: maiúsculas + Esc
  • Para usuarios MacOS: Ctrl + tecla de atallo.

i: Introdución, t: Tarefa, p: Produto, r: Recursos, e: Avaliación, c: Conclusión y g: Guía Didáctica

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)