INTRODUCIÓN
Ola amigas e amigos!
Que sabedes do mundo no que vivimos? Coñecedes a natureza?
Nesta caza do tesouro coñeceremos o noso planeta,
quen vive nel e como podemos coidalo entre todas e todos.
Preparádevos para unha aventura chea de misterios, comezamos!
Información de interese: Esta "caza do tesouro" vai dirixida ás nenas e nenos de 3, 4, 5 e 6 anos de idades, correspondendose co segundo ciclo da Educación Infantil.
As creadoras desta páxinas son alumnas do Grao en Educación Infantil da Universidade da Coruña, dentro da materia "Bases Didácticas da Educación Inclusiva".