A CONTAMINACIÓN NOS RIOS

CIENCIAS NATURALES PRIMARIA

PROCESO

 Para elaborar a tarefa imos a fomar pequenos grupos. Deberedes ter en conta que os grupos deben elaborar o traballo en conxunto e estar dacordo en cal é a mellor opción de resposta, contribuíndo a un correcto desenvolvemento da tarefa. Os pasos a seguir son:

  1. Teredes unhas plantillas en formato papel para desenvolver a tarefa.
  2. Buscar a información que se vos pide nos diferentes enlaces faciclitados no apartado de RECURSOS.
  3. Desenvolver as seguintes tarefas seguindo os seus criterios:

 

TAREFA 1: Deberedes buscar e redactar uns ECOCONSELLOS, é dicir que consellos daríades para levar a cabo unhas boas prácticas ecolóxicas, por exemplo: redución de residuos, non contaminación, civismo ecolóxico, slogans para fomentar prácticas medioambientais, abonos ecolóxicos, agricultura  ecolóxica (rego por goteo... ).

TAREFA 2: Deberedes elaborar unha proposta para que a poboación contribúa á economía circular, é dicir, posibles hábitos en comportamentos a poñer en práctica na vida cotiá que permitan reducir a xeración de residuos, fomentar a reciclaxe e aforrar recursos naturais.

TAREFA 3 (FINAL): Deberes seguir unha plantilla que se vos facilitará (esquema) completando toda a información que se vos pide sobre os ríos VERDUGO e OITAVÉN, tendo en conta os seguintes conceptos:

a) Onde nace (lugar).

b) Lonxitude do río

c) Superficie da conca.

d) Caudal medio do río.

e) Altitude.

f) Afluentes que ten o río.

g) Por que lugares pasa (concellos, localidades).

h) Desembocadura (onde desemboca o rio).

i) Fauna e flora que predomina no medio ( buscar que especies animais e plantas habitan nas beiras deses ríos).

j) Problemáticas de onde pode provir/a que afecta/que consecuencias ten o lixo que se xera no transcurso do río ata chegar ao mar.