PROCESO
Dividiremos o grupo de clase en 5 grupos de 5 alumnos/as cada grupo que traballarán os seguintes aspectos do concello.
GRUPO 1. O concello da Capela. Situación, extensión, poboación, parroquias, xeografía, clima.
GRUPO 2. As Fragas do Eume. Localización, vexetación e fauna.
GRUPO 3. Mosteiro de Caaveiro. Situación e historia.
GRUPO 4. Museo etnográfico da Capela. Festas do concello.
GRUPO 5. O río e os encoros.
Ten en conta:
- Elabora textos sinxelos e claros sobre cada aspecto.
- Busca as imaxes que ilustren os textos.
- Prepara a presentación combinando os textos e as imaxes.
- No momento da exposición recorda falar a modo e de xeito claro.