INTRODUCIÓN
O cambio climático é unha realidade que está a suceder e que nos está afectando a todos. Son moitas as causas que dan lugar a este cambio climático, como poden ser: o aumento da temperatura da auga en gran medida provocado pola emisión de determinados gases, o aumento dos fenómenos metereolóxicos, a ameaza de supervivencia dos seres vivos debido a este cambio nas condicións de vida, a fusión dos casquetes polares, a contaminación indiscriminada dos nosos ríos e mares ...
Todos deberíamos contribuír a unha maior sustentabilidade do planeta, pois para vivir ben non fai falta malgastar os recursos e poñer en perigo o medio natural que hoxe nos rodea.
O proxecto deste ano leva por título " A DEGRADACIÓN DOS ECOSISTEMAS". Este curso imos estudar, indagar coñecer e poñer en práctica ideas e coñecementos sobre como afecta a contaminación nos diferentes ecosistemas do planeta, a súa degradación máis concretamente, tamén no noso medio, na nosa paisaxe máis cercana. Que actos levan a degradar os ecosistemas, que consecuencias ten esta degradación nos nosos ecosistemas e, sobre todo como podemos axudar a frear esta situación.
COMEZAMOS EN 3, 2, 1... ADIANTE!!
