PRODUTO
Antes de comezar a nosa aventura vamos a aprender unha canción moi divertida que nós, as profes, fixemos con moito cariño para vos.
Agora imos montar no tren das aventuras, que nos levará a donde queiramos. E sabedes que? Tedes que conducilo vos!
Acabamos de chegar a xunta dos mouchos sabios. Teñen unha mensaxe para nós: "Os xoguetes son de moitas cores e gústanlle xogar con todos os nenos e nenas, eles non fan diferenza e ti tampouco deberías"
Saberías distingir as cores dos mouchos sabios?
Seguimos a nosa aventura e polo camiño atopamonos coa xoanilla Manolo que está atrapado nun laberinto e non pode sair... Veña, axudámoslle a sair?
Moitas grazas pola vosa axuda! Espero que esta aventura os ensinase que non hai xoguetes para nenos ou para nenas, que as cores podemos usalas todos/as e a non esteriotipar a certos colectivos.
ATA A PRÓXIMA!!



