ESCENARIO
Benvidos a este miniquest que ten por obxectivo dar a coñecer a nosa vila, a vila onde se atopa o noso colexio. Esto pretende dar a coñecer MONDOÑEDO.
Esto empeza coa idea de levar a cabo un intercambio cultural e social co CEIP Joaquín Rodríguez Otero (BUño) e poder deste xeito coñecer aspectos culturais, sociais e lingüísticos doutras zonas de Galicia diferentes á nosa.
Ademais, iniciamos o proxecto con moita ilusión xa que imos a compartilo coa nosa "teacher Cris", á que tanto botamos de menos por Mondoñedo. Esperemos que vos guste e que desfrutedes coñecendo a nosa cidade.
A partir de aquí, seredes investigadores en busca da información necesaria para poder contestar as preguntas formuladas e, finalmente, poder contestar á pregunta Como é Mondoñedo?