PREGUNTAS
Primeira proba:
Nesta actividade imos mostrarvos unha imaxe do hórreo máis grande de Galicia, onde creedes que se atopa?
Unha vez contestemos a pregunta, en recursos atoparemos máis información sobre o mesmo.

Segunda proba:
Nesta segunda actividade faremos un percorrido por diferentes lugares e monumentos destacados da cidade de Lugo. Nela, aparecerán diversas fotografías destes elementos e os seus respectivos nomes, tendo así que relacionar o nome coa imaxe correspondente.
Unha vez relacionadas todas as imaxes, faremos unha breve explicación de cada un destes lugares para coñecer máis sobre eles.
Terceira proba:
Nesta actividade veremos unha imaxe e falaremos sobre que personaxe aparece nela, que representa, porque é característico, a que provincia pertence...
En recursos aparece información sobre a mesma.
![]()
Cuarta proba:
Nesta actividade, deberemos atopar na sopa de letras as seguintes palabras: celta, bateas, cíes e ons.