LA GRAN PREGUNTA

Agora ídevos poñer por grupos, e a cada grupo asignaráselle un órgano dos sentidos.
Teredes que pensar e propoñer unha ou varias ideas para axudar a que este órgano conserve as mesmas cualidades durante toda a vida.
Para iso, unha vez teñades as ideas pensadas, o mestre daravos a cada grupo unha cámara fotográfica para que saquedes unha foto da vosa proposta.
Unha vez teñades feito isto, deberedes subir a foto ou as fotos á páxina web e poñer unha breve explicación da vosa idea debaixo da imaxe.
