INTRODUCIÓN
A Idade Media é un período da historia no que acontecen moitos cambios e onde se asentan as bases do que terminará por ser o mundo de hoxe. Un dos cambios máis importantes é o aumento da importancia do comercio.
Nesta actividade teredes que contestar a unha serie de preguntas que gravitan en torno ao comercio, ás súas características e particularidades. As respostas atoparédelas nas páxinas de internet que adxuntamos no apartado 3. Recursos.
Cada un dos equipos debe contestar cinco das dez preguntas a través dun documento de word compartido:
EQUIPO JOHANY-ÓSCAR-AARÓN: preguntas 1-5.
EQUIPO IMANE-PILAR-MIGUEL: preguntas 6-10.
É preciso que sinaledes nas vosas respostas a páxina onde obtivestes a información.
Unha vez contestadas as preguntas teredes que expoñer ante os compañeiros as vosas respostas, para que todos teñades a información completa. Durante a exposición o equipo oínte debe tomar notas do que comente o outro equipo.