INTRODUCIÓN
Preparados… listos… xa!!
Benvidos nenos e nenas!!!
Vamos xogar para coñecer as profesións das persoas.
¡Abride moito os ollos que esta aventura acaba de comezar!
Para continuar, debes facer clip en “preguntas”.
Nota para o mestre/a.
A presente Webquest aborda o tema das profesións. Esta ten como obxectivo principal que os nenos e nenas diagnosticados de TEA poidan participar nunha actividade grupal cos demais compañeiros e compañeiras, proporcionándolle para elo a utilización de novas ferramentas, como o son as TICs.
Con esta perseguimos os seguintes obxectivos:
- Fomentar o emprego das TICs na aula.
- Acercar aos nenos e nenas a unha nova forma de comunicación alternativa: os pictogramas.
- Iniciar aos nenos e nenas en vocabulario das profesións.