A SANTIDADE NA IGREXA CATÓLICA

RELIGION SECUNDARIA

INTRODUCIÓN

Monseñor Uxío Romero Pose (Baio 15/3/1949 - Madrid 25/3/2007)crego galego, bispo auxiliar de Madrid e con fama de santidade solía preguntar en qué consiste a santidade. A resposta de moitos era "vivir heroicamente a caridade". A isto el respostaba que así nunca chegariamos a ser santos, pois nos teriamos cansado antes. E engadía que " a santidade é cando o Espírito Santo inunda a nosa pequeñez". (Calendario 2018, Un santo para cada día, Ed. San Pablo, pax. "un nuevo comienzo")

E para que entendas esta definición do bispo Romero Pose vas realizar un traballo que ten que ver co que no cristianismo católico chamamos SANTORAL.

E seguro que agora te esteas a preguntar, que é eso de santoral?

Pois o SANTORAL é esa lista de persoas que para a Igrexa católica considera como exemplo de vida e como se soe dicir en linguaxe popular “súbea aos altares”, é dicir procláma santa.

O certo é que todas as persoas estamos chamadas a ser santas, mais para estar nesa “lista oficial”, nese “canon” de santos e santas que a Igrexa proclama como tal, que non sendo infinito si que é moi amplo, hai que cumplir unha serie de requisitos que é o que vas ti a investigar.

 

Mais todas as persoas, polo feito de estar bautizadas xa estamos chamadas a ser santos, tal como di o Concilio Vaticano II: “Todos na Igrexa, xa pertenzan á xerarquía, xa pertenzan á grei, son chamados á santidade, segundo aquelo do Apóstolo: Porque esta é a vontade de Deus, vosa santificación (1 Tes. 4,3; Ef 1, 4). Esta santidade da Igrexa maniféstase nos froitos da gracia que o Espírito Santo produce nos fieis; exprésase de múltiples modos en todos aqueles que, con edificación dos demáis, acércanse na súa propia vida á cumbre da caridade; mais aparece de modo particular na práctica dos que comúnmente chamamos consellos evanxélicos (Concilio Vaticano II, Constitución Lumen Gentium nº 39)”.