Análise de Cantiga

LINGUA E LITERATURA GALEGA BACHILLERATO

INTRODUCIÓN

A lírica de Afonso X e de Don Dinis representan o esplendor da lírica medieval galego-portuguesa. 

No século XIII, a lírica galega xa se tiña espallado por diversas cortes da península, sendo que as cortes reais de Castela-León (Afonso X) e Portugal (Don Dinís) viran o centro de promoción de produción poética en galego-portugés.

A finais do século XIII comeza a decadencia, que se prolonga ata mediados do XIV, cando don Pedro, conde de Barcelos (fillo do rei don Dinís), compila un gran cancioneiro, que foi o medio principal pola que esta escola poética foi transmitida á posteridade.

Esta é, seguramente, a máis conhecida cantiga de Don Dinís, e unha das máis célebres da Lírica Galego-Portuguesa.

 

 

Ai flores, ai flores do verde pino,

se sabedes novas do meu amigo?

Ai Deus, e u é?

 

Ai flores, ai flores do verde ramo,

se sabedes novas do meu amado?

Ai Deus, e u é?

 

Se sabedes novas do meu amigo,

aquel que mentiu do que pôs conmigo?

Ai Deus, e u é?

 

Se sabedes novas do meu amado,

aquel que mentiu do que mi há jurado?

Ai Deus, e u é?

 

Vós me preguntades polo voss'amigo

e eu bem vos digo que é san'e vivo.

Ai Deus, e u é?

 

Vós me preguntades polo voss'amado

e eu bem vos digo que é viv'e sano.

Ai Deus, e u é?

 

E eu bem vos digo que é san'e vivo

e será vosco ant'o prazo saído.

Ai Deus, e u é?

 

E eu bem vos digo que é viv'e sano

e será vosc[o] ant'o prazo passado.

Ai Deus, e u é?

 

 

 

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)