OS ANIMAIS DO MONTE

CIENCIAS NATURALES PRIMARIA

INTRODUCIÓN

Xa indagamos e coñecimos un pouco máis acerca dos nosos montes, a súa flora e fauna así como algunhas das especies que habitan neles. É importante saber que gracias a eles os nosos montes están cheos de vida e axúdannos a que a natureza forme parte de todos pois, este é o seu medio de vida, debemos coidalo, protexelo e garantir a súa supervivencia.

A biodiversidade é como unha maravillosa construción feita a base de ir ensamblando moitas pezas (por exemplo, unha nave espacial de LEGO). Cada peza ten o seu sentido, pero tamén lle da sentido ás demáis. A nave funciona mellor se ten todas as pezas. Se falta algunha, quizáis non se note moito, pero se empezamos a quitar máis pezas, axiña algunha das súas partes comezará a ser feble e terminará por caer, afectando ao resto: cada peza da nosa natureza está conectada ás demáis e cumpre unha importante misión, aínda que nós non a coñezamos! Por exemplo: canto maior é a diversidade de especies dun ecosistema, maior é a súa capacidade para defenderse dos fenómenos atmoféricos, das pragas ou de incidencias coma os incendios. Nestes casos a rexeneración é máis doada, cando varias especies poden contribuir  ás diversas necesidades dos ecosistemas.