TODOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR

TEMAS TRANSVERSALES PRIMARIA

PROCESO

pasos  

 

Para realizar correctamente a tarefa será necesario que sigades os seguintes pasos:

  • Primeiro paso; revisar a información que aparece no apartado “recursos”. Todos os participantes deberán ver, ler ou escoitar con suma atención o que se expón.
  • Segundo paso: En base á información analizada, haberá que crear un documento (en papel ou nun procesador de textos) que resuma as ideas principais sobre o acoso escolar. Este documento deberá ter os seguintes puntos: a) que é o acoso escolar, b) tipos de acoso escolar e exemplos de cada un, c) persoas implicadas no acoso escolar, d) que podemos facer cada un de nós, segundo o papel desempeñado, para previr ou acabar co acoso escolar.
  • Terceiro paso: decidir que tipo de material imos elaborar para presentar a información que destacamos no punto anterior (folleto, presentación, video...).
  • Cuarto paso: realizar un pequeno proxecto do produto que imos facer: formato que terá, ferramentas tecnolóxicas a utilizar, protagonistas, información concreta a incluír, etc.
  • Quinto paso: realización do material (video, presentación ou triptico).
  • Sexto paso: exposición do sobre O ACOSO ESCOLAR ante os compañeiros da nosa clase ou doutras clases do centro, utilizando como apoio os materiais elaborados.