BIOGRAFÍAS DO SÉCULO XIX

GEOGRAFIA E HISTORIA SECUNDARIA

PROCESO

Unha vez elixido o personaxe, o traballo consiste en buscar información sobre a situación deste personaxe e sobre a súa vida relacionándoo co acontecemento histórico elixido.

A información redactarase como se fose unha crónica no que teredes que especificar:
a) Nome e apelidos.
b) Imaxe ou retrato do personaxe.
c) Data de nacemento e idade no momento no que se relatan os feitos.
d) Lugar de nacemento e de residencia no momento no que se relaten os feitos.
e) Mapa e imaxes localizando ambos os dous lugares.
f) A época/século/ano no que se realiza a biografía.
g) Descrición da evolución económica, política e social na vida do personaxe, tendo como eixo o feito histórico elixido, é dicir, describir os contrastes entre a:
• A época anterior ao feito histórico elixido para cada personaxe.
• a época na que transcorre o feito histórico elixido.
• a época posterior ao feito histórico elixido para cada personaxe.

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)