UN PASEO POLA BIBLIA

RELIGION SECUNDARIA

PROCESO


Agora vouche dar os puntos de investigación:


1. Qué é a BIBLIA: significado, partes, libros...

2. Proceso de elaboración: tradicións de como se escribíu, línguas orixinais...

3. Cómo se busca un texto na Biblia: lembras o das citas bíblicas? Pois iso, cantas posibilidades hai para buscar citas bíblicas

4. O Canon da Biblia: qué significa, por qué estes libros e non outros, cantidade de libros que hai nas distintas biblias das distintas confesións cristiás...

5. O índice da biblia: Escribe tódolos libros coa súa abreviatura e agrúpalos por temática.

6. As citas bíblicas: para que serven, pon exemplos con diferentes combinacións e explica o significado

7. Outras curiosidades que ti queiras engadir sobre a Biblia

Non tes por qué facer o traballo simplemente contestando ás preguntas. Non son máis que unha guía para que investigues e toques todos os puntos que se piden; mais podes facelo na orde que prefiras. Tamén pensa que non vas facer un tratado sobre a Biblia, simplemente recolle a información máis relevantes e que ti entendas e saibas explicar