Exploradores do mundo

CIENCIAS SOCIALES PRIMARIA

PROCESO

Estas son as cuestións de cada personaxe  sobre as que has de buscar información:

MARCO POLO

  • Busca un mapa e nomea os países polos que pasou Marco Polo na súa viaxe.
  • Despois de ler a reportaxe (segundo enlace), se esta fose certa, cantos anos antes se descubriu América antes de que chegase Colón (1492)?

CRISTOVO COLÓN

  • Fai un breve resumo da viaxe de Colón desde que zarpa (3 agosto 1492) ata o 12 de outubro.
  • Que instrumento axudaba a correxir as inexactitudes da cartografía (mapas) da época? Cres que ese instrumento mellorou ou se modernizou co tempo?

ELCANO E MAGALLANES

  • Quen foi o primeiro en dar unha volta completa á Terra?
  • Observa o mapa e indica cales son os continentes polos que pasaron Magallanes e Elcano.
  • Un destes homes so pasou unha vez por un destes continentes. Cal? Porque?
  • En que continente e en que océano se encontra o estreito de Magallanes?

CARTIER

  • Cal era a súa nacionalidae?
  • Este navegante foi un dos primeiros en chegar a que costa do mundo?

VASCO DE GAMA

  • Cal era a súa nacionalidade?
  • Vasco de Gama descubriu unha ruta comercial moi importante na súa época, que nome recibía?
  • Na capital do país de orixe de Vasco de gama hai unha construción arquitectónica que leva o seu nome, porque é tan coñecida?

JAMES COOK

  • Cal era o apodo polo que se coñecía James Cook?
  • James Cook foi o primeiro en introducir nos mapas europeos un continente, cal?

 

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)