Cóntamo

NUEVAS TECNOLOGÍAS SECUNDARIA

PROCESO

En primeiro lugar debemos aclarar que os pasos que a continuación che indicamos non son de obrigado cumprimento, é dicir, o seu obxectivo é servir de guía para a elaboración do relato e a posterior narración dixital.

  • Reflexionade sobre a experiencia que queirades contar. Neste punto é importante dicir que serán escritas a ordenador e entregadas ao profesor para a súa correción sen nome, para que poidades contar todo o que desexedes sen tapuxos e sen estar influenciados polo que poidan pensar os vosos compañeiros/as; pero sí cun título para que logo a poidades identificar xa correxida
  • Posteriormente, realizade un primeiro borrador do voso relato
  • Logo, releede o que escribístedes para engadir modificacións, de ser o caso
  • Cando estedes satisfeitos coa vosa narración, é o momento de comezar a empregar os recursos que a continuación vos facilitamos para a realización do relato dixital
  • Unha vez que teñades a vosa narración en formato dixital, teredes que subila ao blog
  • Despois, teredes que crear o voso propio código QR e escoller unha imaxe ou debuxo que consideredes representativo do voso relato
  • Por último, tedes que escoller o lugar que desexedes do centro para colocar a vosa imaxe e o voso código QR, acompañados do título que ao principio escollístedes, para que calqueira que queira poda, a través do seu teléfono smartphone, ler o código e ver a vosa narración dixital colocada no blog

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)