TODOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR

TEMAS TRANSVERSALES PRIMARIA

INTRODUCIÓN

stop_acoso

 

Un artigo publicado en La Voz de Galicia o dia 30 de abril de 2021 comezaba así: "España ten un problema de acoso escolar e os colexios e institutos, en cuxas instalacións e clases ocorre a gran maioría de casos de bullying, non fan nin moito menos o necesario para previlo ou atallalo. Esta é a principal conclusión á que chega o estudo Percepción da sociedade española sobre o bullying, un traballo elaborado coas opinións de alumnos de 5 a 18 anos, dos seus profesores e os seus pais".

Titulares parecidos publícanse case a diario nos medios de comunición. O problema é moi real e fai sufrir a moitos dos menores que cursan primaria ou secundaria nas nosas escolas. Todos debemos reflexionar e poñer o noso granciño de area para que a situación mellore.

Este é o obxectivo do traballo que propoñemos: investigar e reflexionar sobre o acoso escolar para logo propoñer as mellores solucións e levalas á práctica.

Se de nós depende non haberá acoso escolar!!!.