A CONTAMINACIÓN NOS RIOS

CIENCIAS NATURALES PRIMARIA

INTRODUCIÓN

O cambio climático é unha realidade que está a suceder e que nos está afectando a todos. Son moitas as causas que dan lugar a este cambio climático, como poden ser: o aumento da temperatura da auga en gran medida provocado pola emisión de determinados gases, o aumento dos fenómenos metereolóxicos,  a ameaza de supervivencia dos seres vivos debido a este cambio nas condicións de vida, a fusión dos casquetes polares, a contaminación indiscriminada dos nosos ríos e mares ...

Todos deberíamos contribuír a unha maior sustentabilidade do planeta, pois para vivir ben non fai falta malgastar os recursos e poñer en perigo o medio natural que hoxe nos rodea.

Como ben sabedes, un ano mais imos a iniciar o  noso PDI, titulado este ano " UN MUNDO SEN PLÁSTICO". Este curso imos estudar, indagar coñecer e poñer en práctica ideas e coñecementos sobre como afecta a contaminación do plástico no noso medio, máis concretamente, o percorrido que este pode facer dende o nacemento dun río ata a súa desembocadura no mar e que consecuencias pode levar isto consigo.

COMEZAMOS EN 3, 2, 1...    ADIANTE!!