Faite trovador/a!

LINGUA E LITERATURA GALEGA SECUNDARIA

INTRODUCIÓN

A Idade Media semella para todos e todas nós unha etapa histórica xa perdida e esquecida no tempo. Realmente pódenos interesar o que sucedeu naquel tempo?

Pois claro que si! Na época medieval galega existían "rapeiros" ou talvez se chamban trovadores e xograis... Iso, si, os trovadores, os xograis, as soldadeiras, os segreis eran a moda naquel momento. Supoño que tamén os/as influencers e que os habitantes do reino da Galiza querían, por tanto, ser como eles/as. A verdade é que había de todo, desde os máis románticos e riquiños até os máis rebeldes e inconformistas. Por pórmos uns exemplos actuais serían os equivalentes a Eros Ramazzotti, Malú ou Seguismundo Toxicómano. Vale, recentes recentes, o que se di recentes, estes exemplos non son, mais que tal se menciono a Cepeda, Aitana ou Ska-P? 

Vedes? Non nós separan tantas cousas. Dependendo do momento e da persoa seguimos escoitando música e admirando certas letras de cancións (ou cantigas...). Claro está que eu sempre me decanto polas cantigas de escanio e maldizer e non hai cousa igual como os grupos de música e cantantes galegos/as: Sés, Dios ke te crew, Guadi Galego, Dakidarría, Nao, Luar na Lubre etc. Evidentemente, se conxugamos todo isto prodúcese algo fantástico.

Entón, con esta webquest o que pretendemos é recuperar esa tradición medieval e coñecer un bocadiño máis a literatura medieval galego-portuguesa. Comecemos!

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)