Cóntamo

NUEVAS TECNOLOGÍAS SECUNDARIA

INTRODUCCIÓN

Nesta webquest pretendemos darlle aos sentimentos a importancia que se merecen, pois é evidente que se sabemos identificalos e expresalos correctamente nos aforraremos milleiros de problemas coas persoas que nos rodean e, sobre todo, realizaremos un exercicio de autocoñecemento enorme.

Pero tamén sabemos que non sempre é doado facer isto, ben porque o que nos preocupa é dificil de resolver, ben porque non temos as habilidades para facelo, ben porque pensamos que en realidade todo vai ben, ou ben por calquera outra razón, xa que o campo sentimental está aberto á interpretación de cada un.

Por iso, consideramos que é necesario traballar esta temática que habitualmente é esquecida, a través dunha narración que non só representará unha actividade enriquecedora para cada un de vós, senón que o obxectivo é moito máis ambicioso: servir de axuda a outros rapaces e rapazas que, moi probablemente, están a sentir o mesmo que vós e, á súa vez, desenrolar a nosa empatía.

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)