O acento con función diacrítica

LINGUA E LITERATURA GALEGA SECUNDARIA

ESCENARIO

Como xa sabemos, na nosa lingua usamos o acento gráfico para o recoñecemento da sílaba tónica, distinguindo entre palabras agudas, graves e exdrúxulas. Ao mesmo tempo atopamos algunha característica especial fronte os hiatos e os extranxeirismos.

Mais temos que ter en conta que, nalgúns casos, atopámonos con outros acentos que nos axudan a recoñecer cal a que significado fai referencia a palabra escrita. Estes acentos son coñecido como acentos diacríticos. Como veremos ao longo deste westquest, o bo uso dos mesmos é moi importante, xa que, aínda que na fala non sexamos conscientes de que os diferenciamos fonéticamente, a hora da escrita os significados mudan dun xeito asombroso. 

Polo tanto diremos que o acento con función diacrítica úsase para distinguir na escrita algunhas parellas de palabras que se opoñen polo timbre da vogal de grao medio (e ou o abertos ou pechados) ou pola tonicidade (tónica / átona). O acento marca a vogal aberta fronte á pechada, a vocal tónica fronte á átona ou ambos os dous trazos. 

A continuación mostramosvos algúnhas das acentuacións máis importantes para a realización dun texto escrito de calidade e as que tendes que ter en conta para a vosa vida académica.

 

(Puede quitar la publicidad ampliando la cuenta)